Talleres de Verán

Seminario de alimentación consciente
Cunha alimentación máis consciente podemos sanar a tódolos niveis. E, para que cada quen poda seguir un camiño de evolución persoal a través da alimentación, presentámosvos IX seminarios breves e concisos.
Música en familia
Trátase dunha proposta lúdica na que todos, pais e nenos/as participarán por igual en funcións das súas capacidades. Todo neno/a ten o seu espazo en todos está a semente do potencial de expresión. Por iso disfrutaremos creando un espazo de encontro e de manifestación a través da experiecia sonora.
Música e movemento ( nenos/as de 5 a 12 anos)
Taller de achegamento á linguaxe expresivo do corpo e a voz a través da creación dun espazo lúdico. Improvisación, xogos de escoita e atención, psicomotricidad. Soundpainting e desenvolvemento vocal.
Construcción de instrumentos musicais
Taller de construción de instrumentos musicais a partir de materiais reciclados. Desenvolvemento da motricidad fina e da linguaxe expresivo a través do obxecto e a música.
Recuperación postparto a través do canto
Exercicios vocales de tonificación. A voz e o chan pélvico. Cantar-respirar. Repertorio de nanas, abalos e bailes para coidar o noso corpo e o de Bebé.
Grupo postparto
ndependientemente de onde, como e cando naza o teu bebé, o proceso do embarazo e o nacemento supoñen unha sobrecarga para o corpo, como axuda á súa volta á normalidad requírese duns coidados específicos, durante o puerperio isto é importante, xa que podes previr problemas futuros
Seminario de jazz
No título do presente curso aparece a palabra «jazz».Con todo o obxectivo non éespecíficamente tocar jazz,senón que o alumno coñeza os materiais técnicos e
teóricos da música, desde outras perspectivas. O jazz, na segunda metade do século XX,desenvolveu un sistema pedagógico que pode aportar coñecementos de gran interese para músicos de calquera estilo. Especialmente na forma de traballar un dos seus aspectos mais importantes: a improvisación.
Curso de guitarra
O curso está orientado guitarristas con certo dominio do instrumento e experiencia tocando outros estilos .O obxectivo é mostrar os materiais necesarios para que o músico se desenvuelva con comodidade no campo da música moderna.
Coro gospel
Utilizando como punto de partida o blues e a tradición negra norteamericana,
exploramos varias formas de música que saíron dos espirituais dos
escravos negros: o blues, o gospel, o soul e o jazz.
Traballaremos a improvisación no blues e as súas aplicacións a unha gran variedade
de estilos.
Aprenderemos a desenvolver escóita como parte de estudo e practica.
Conciencia corporal
Para sentirnos desde o silencio e na acción. A relajación e a diversión
Recoñecémosnos/Recoñecémonos experimentándonos e vivindo o noso corpo desde dentro
Masaxe champi: Obradoiro formativo
Masaje da parte superior das costas, ombreiros, pescozo, cabeza e cara. Ao traballar sobre os órganos sensoriais teñen un efecto beneficioso sobre todo o corpo, aínda que está especialmente indicado para acougar o sistema nervioso.
Masaxe Abhyanga: Obradoiro formativo
Masaje tradicional que pode ser aplicado a dous ou catro mans. Trátase dunha nutrición con aceites vegetales que harmoniza corpo, mente e espírito. Entre os seus principais beneficios destacan o aumento da forza dos tecidos a mejoría na circulación do sangue, a disminución da celulitis, a redución das toxinas, o embellecimiento da pel, o retardo do envejecimiento, a redución da tensión e inducción ao soño reparador, e o aumento da vitalidade.
Masaxe Tántrica: Obradoiro vivencial
O masaje tántrico é esencialmente preventivo e actúa para restablecer o equilibrio físico-espiritual do individuo. Harmoniza os corpos energéticos e estimula as defensas naturais do organismo, actuando no sistema de glándulos endcrino. Ademais de tratar flaquezas do corazón tamén traballa fatígaa, desequilibrios nerviosos e perturbacións mentais e emocionais
* Para mais información contacta con nos a través deste formulario, de noso mail o teléfono.
Benvida á vida
Un libro de partos en primeira persoa. Comparte este proxecto con nosco
ANTECEDENTES
Chámame a atención; cando me asomo por unha pequena fenda ó parto, aparecen posibilidades reais de conseguilo no espazo desexado, protexido. Quizáis porque fai pouco tempo que deixamos de parir sin intervencións innecesarias, porque aínda son moitas as avoas que nos contan a súa experiencia de parto natural en primeira persoa, o parto en casa en Galicia é unha realidade; e no noso privilexio de ser testemuñas difundimos os feitos. Este libro recolle experiencias de partos, en hospitáis e nas casas, nunha Galicia actual, en presente.
DESCRIPCIÓN DO PROXECTO
Con esta campaña buscamos finanzamento para poder imprimir o libro BENVIDA Á VIDA, unha recopilación de testemuños sobre o parto, contados en primeira persoa. É un agradecemento a tódalas mulleres e homes que puxeron a súa confianza nas doulas e comadroas que traballan no equipo de EOMAIA. Elas crearon este libro cos seus relatos de experiencias vividas; soas, en compaña, nos hospitais, na casa… recibindo con emoción a un novo ser, con conciencia, con coraxe.
Queremos que o parto teña o seu relato de ledicia, de celebración, sen riscos, sen présas, coas súas e os seus protagonistas contándoo, como testemuña de que hai xeitos de chegar ao mundo con respecto e felicidade.
A QUÉ DESTINAREMOS OS CARTOS
Os cartos recadadados a través de Verkami destinaranse á maquetación e impresión dos libros, así coma das distintas recompensas e os seus gastos de envío.
CALENDARIO
Dende a finalización do crowdfunding en Verkami, precisaremos de un mes para ter listo o libro. A isto haberá que sumarlle unha ou dúas semás para facer os envíos ós nosos mecenas.
Mais información « Cómo facerse mecenas» en : http://www.verkami.com/projects/5113
Grazas
Coñece a Arteterapia
A Arteterapia utiliza o proceso da expresión e da creación artística con fins terapéuticos.
Propón unha experiencia creativa permitindo a expresióndun mesmo, non verbal, con diferentes aspectos:
metafórico, simbólico e sensorial. A obra é a que comunica. O traballo en arteterapia descansa na creación dunha produción e a realización desta. É a obra en movemento a que é importante (modus operandi), o proceso de crear e o que ocorre nel , antes do resultado final. A relación, o proceso creativo e a »obra artística» son os medios terapéuticos específicos da arteterapia.




Sesions os Martes de 11.00 a 12.30h
Precio: 15 euros sesión ou 40 euros ó mes.
Mais información sobre Arteterapia
Viaxamos ás xornadas da Asoc. Nacer en Casa
Acompáñanos ao 25º aniversario da Asociación Nacer na casa en Madrid
Reunímonos con todas as persoas interesadas o próximo día 27 de Febreiro no centro Eomaia en vigo en horario de 17 a 19 horas.

Os días 25 e 26 de Maio terán lugar na Casa de Campo de Madrid estas xornadas onde haberá interesantes conferencias e actividades varias.
Dende Eomaia sen ánimo de lucro queremos facervos partícipes deste momento e estamos a organizar a viaxe e a estanza para poder asistir de xeito grupal xa que hai interesantes descontos, o prezo inicial é de 160 euros pero:
Para grupos de 10 ou mais persoas o prezo redúcese un 20%
E se ademais se fai a inscrición antes do 8 de marzo fan un desconto de 40 euros
Para mais información: Nacer na casa
y fundacioneomaia@gmail.com
Se estás interesad@ escríbenos e poñerémonos en contacto contigo
Grupo de acompañamento da aprendizaxe
(encontros mensuais de 3 horas de duración) Comezamos el 22 de Marzo de 6 a 21 horas en Eomaia vigo
Un espazo-tempo para reflexionar sobre cómo acompañamos as crianzas, como recoñecemos as súas necesidades vitais, e cómo as satisfacemos.
Un espazo-tempo para compartir o que sabemos, pensamos, sentimos, sobre as etapas de desenvolvemento do ser humano e a aprendizaxe autónoma e vivencial, a través de dinámicas lúdicas e vivenciais que nos conecten coa nosa sabiduría interior.
Un espazo-tempo para traballar a escoita activa e a observación, desde o amor a confianza e o respecto polos procesos de vida.
Formadores e participantes poderán compartir información sobre materiales, recursos e experiencias educativas.

Dirixido a:
Mestras/es de crianzas 0 a 6 anos. Máximo 15 persoas
A cargo de:
Silvia Caride López: mestra, psicopedagoga e orientadora
Rosa Graña Costas: responsable da área de educación e crianza de Eomaia e fundadora de Pumariños-espazo de aprendizaxe en liberdade
Luz
Falaremos de
Aprendizaxe baseada no respecto e na confianza
creación de relacións propicias para a crianza, acompañamento con respecto e amor
A autoregulación, a non diretividade e a atención á diversidade
A relación coas familias: corresponsabilidade e comunicación
Etapas de desenrolo e necesidaes vitais dos nenos e nenas
necesidades de 0 a 3 anos
necesidades de 3 a 6 anos
Modos de aprendizaxe
Verbalizacións na nosa relación cos nenos e nenas
respostar ás preguntas dos nenos
explicar/advertir/moralizar
pedir, esixir, mandar, ameazar, permitir, dar ánimo
voz, pronunciación e xestos que acompañan o falar
Saber informar sobre os límites. Disciplina amorosa
límites e normas
límites e respecto
límites e amor
límites e interferencia
A resolución de conflitos
Intervención das persoas adultas
Conflitos entre nenos/as
Conflitos coas persoas adultas
Liberdade. Responsabilidade
A educación a través das consecuencias e non do premio e castigo
A asunción de responsabilidades según a etapa de madurez
A creación de ambentes
A organización dos espazos
A actividade voluntaria e espontánea
A actividade con intervención do/a adulto/a
Prácticas educativas que favorecen a autonomía e a responsabilidade
A importancia do xogo libre
o rol dos xogos
xoguetes apropiados para o estado de madurez en cada etapa
A importancia dos contos
o rol dos contos
cómo contalos
contos leidos e contos falados
cancións, rimas, adivinanzas
Como o obxectivo é crear un espazo común de crecemento pensamos que é preciso que o grupo sexa estable. Así que pedimos un compromiso de participación continuada en tódolas xuntanzas.
Precio:
30 € por sesión
20 € persoas desempregadas e socias/socios e persoas que se fagan socias no momento da inscripción
O prezo inclúe titorías persoais no caso de ser necesario

