Archive for Novembro 2011
Obradoiro de TEATRO para Mulleres en la Menopausia
Un día chego á miña casa e encóntrome a miña nai colorada como un tomate e coa camiseta levantada:
- » que pásache mamá? »
- Non sei filla, acábanme de dar unhas calores que non podo con eles. Ai! será a menopausa. »
Esta situación produciume tenrura e curiosidade ao mesmo tempo A que cambios tería que enfrontarse a miña nai a partir de agora? Tiven a sensación de que este era un momento clave na súa vida, un momento no que podería aprender moito de se mesma se miraba no seu interior, na súa sabedoría. Un momento que podía transportala a outro lugar afastado e próximo á vez. Ao lugar onde están as mulleres sabias. As mulleres que xa saben o que son e o que hai. As mulleres que se coñecen e se recoñecen nos demais. Un lugar ao que tarde ou cedo temos que chegar todas. Cada unha cos seus propósitos, as súas barreiras, as súas ilusións, os seus miedos….y que mellor xeito de compartir este momento que facendo TEATRO!
Con este motivo e esta ilusión ocórreseme este taller de teatro pensado para todas aquelas mulleres que están a atravesar este momento e queren compartir.
No taller traballaremos dende a imaxinación, lugar de onde saen todos os personaxes. Teremos a oportunidade de investigar en nós mesmas para crear os nosos propios seres imaxinarios, eses que nunca o mostramos a ninguén pero que puxan por saír. Sen medo!!!

Cúando, onde e con quen?
Cúando: 9 e 16 de Maio de 19.30 a 21.30
Onde: No centro Eomaia de Vigo
Con quen: Con Aroa Berjón, actriz de teatro, cine e televisión, diplomada polo Instituto do Cine de Madrid ( futura doula) e todas aquelas mulleres que queiran acompañarnos.
Prezo do taller: 30 euros.
Mínimo de participantes 4 máximo 10
Prégase confirmación telefónica ou vía correo electrónico para mellor organización.
Teléfonos: 986 113258 y 698173740
Correo electrónico: fundacioneomaia@gmail.com

