Archive for Abril 2012
Campamento cultural de verán avaliacíon
Toca facer unha avaliación do campamento rural organizado pola nosa Fundación en “O fogar do meu burro”
Podemos afirmar que foi un éxito, posto que era o primeiro, e as nosas expectativas en canto á asistencia , superáronse con moito.
Os obradoiros funcionaron moi ben; os nenos gozaron experimentando coa creatividade nas áreas de plástica, compondo e cantando as súas cancións, e lixando as súas mans no barro, para darlle forma…, exploraron na natureza o coñecemento das plantas mediciñais, colleitándoas e elaborando eles mesmos a súa propia crema.
O de cociña foi outro dos obradoiros máis exitosos; gozaron coas mans na masa, nunca mellor dito, elaborando doces, empadiñas, croquetas, etc
E para rematar, sinalar a actividade e obxectivo máis importante para nós, sobradamente cumprido: os burriños, que foron os protagonistas todos e cada un dos días que durou o campamento; porque son seres vivos marabillosos, tenros e pacíficos que non deixan a ninguén indiferente e menos aos nenos, que viven a natureza dun xeito tan intenso e verdadeiro. Eles cepilláronos, paseáronos, montáronos e sobre todo abrazáronos…, en definitiva , os animais interaccionaron cos nenos, creando un vínculo afectivo moi fermoso e espertando neles un sen fin de emocións, integrándoos plenamente nun medio natural envexable, como é o ambiente rural deste máxico país que é Galicia.
CAMPAMENTO
Onde é?
A 11km de Santiago de Compostela, na aldea de Lamas (Ames) no val da Maía. Dispoñemos dunha pradeira de 4000m2 cunha pequena fraga, ademais dunha casa onde podemos cociñar e comer.
“ O Fogar do meu burro” 
Lamas (Ames), Val da Maía
Santiago de Compostela.
Cando?
Do 25 de xuño o 6 de xullo
De luns a venres
En horarios:
1ªopción: de 9h a 14h (+almorzo) – 105€
2ª opción: de 9h a 16h (+almorzo e xantar) – 120€
Preinscricións: do 15 de abril ó 20 de xuño, por orde de recepción.
telfs: 986 113 258
mvil. 690 037 673
fundacioneomaia@gmail.com
+info:
montsesolarte.blogspot.com.es
Contaremos coas seguintes actividades:
Arte e naturaleza: observar disitintos materiais no campo, recollelos e expresarnos por medio deles construíndo esculturas.
Pintura ó aire libre.
Cerámica: desenvolver en barro o que a natureza nos mostra.
Coñecemento das plantas da contorna: e plasmalas en pintura
O noso amigo o burro: Bombón, Pascual e Paloma son os 3 burriños que compartirán contigo moitas experiencias. Aprenderás a querelos, a coidalos, a coñecelos e poderás pasear en carriño polo Val da Maía.
Obradoiro de cociña: cociñaremos comida tradicional, receitas do mundo. E por suposto, comerémola!
Música: a música non pode fallar, sairemos á fraga para ver que materiais podemos atopar para construír os nosos instrumentos.
Outras actividades……. Paseos polo roteiro dos muíños, visitar granxas veciñas, moer no muíño e facer fariña, cine…..
¡ pasao ben con nós,
esperámoste!
Monitores:
Tómas Rábanos Muro:
Voluntario e colaborador en Hipoterapia no club de hípica La Lagunita con nenos/as discapacitados.
Formado en Terapia asistida con animais.
Dirixe o centro “O Fogar do meu Burro” e é membro do padroado da Fundación Eomaia, onde leva adiante a súa actividade.
Pedagogo musical, colabora coa Asociación Aspanaes como profesor de estimulación e sensorialidade coa música no Centro de Día de autismo, ademais de dirixir clases de música, psicomotricidade, psicoloxía infantil e dirección coral.
Montse Olarte:
Amplia formación en estudios de arte, cerámica, imaxe e son, pintura encol do vidro, etc.
Onde mais centra a atención é desenvolvendo o seu proxecto de fusión de natureza e arte, dado o seu amor pola vida, o seu carácter observador, coñecementos de plantas e a súa innegable habilidade para todo tipo de artes.

