Archive for Maio 2012

Curso de son para nais-pais e bebés (0 a 18 meses)

 

Este obradoiro ofrece un acompañamento postparto musical onde xogar con movementos, olladas, ritmos e sons entoando cantigas de berce e repertorio sinxelo de diferentes lugares do mundo. É un xeito garimoso e ancestral de comunicar intuitivamente co bebé… máis alá das palabras.

Imparte:

María Rodríguez Ramos.

Doula e músico. Especialista en Canto prenatal.

 

Destinado a:

nais-pais e bebés de 0 a 18 meses

Cando?

Todos os xoves a partir de maio de 11.30 a 12.30 horas.

Onde?

En Eomaia. Padre don Rúa, nº9,1º andar.

Prezo:

50€/mes por familia

Interesados porse en contacto con: Eomaia 986113258 fundacioneomaia@gmail.com

 

Iniciación ao son
Curso de Son para pais, nais e bebés
( 0 a 18 meses)

Obxectivos:
Comunicación
- Crear un espazo de comunicación dende a música e o son entre pais e fill@s
- Introducir novas sonoridades no noso coñecemento musical

Escoita
- Explorar a vibración do son nos nosos corpos (cando cantamos e cando escoitamos)
- Explorar a resposta dos bebés á vibración da nosa voz
- Enriquecer a nosa contorna con melodías e músicas sinxelas
Xogo e música
- Crear un espazo lúdico a través do son e do movemento
- Coñecer un repertorio variado de xogos e cantigas para acompañar os primeiros meses e anos d@s nos@s fill@s.
Contidos:
1. A vibración do son no noso corpo.
2. Son postparto: Recuperación do chan pélvico cantando
3. A escoita consciente: un medio de comunicación e de apertura aos demais.
4. A receptividade do bebé ante o estímulo sonoro. A voz cantada.
5. O corpo en movemento. Bambeos cos bebés e nenos. A respiración. O ritmo.
6. A aprendizaxe a través da imitación e a integración corporal do son. As primeiras cantigas. O aceno.
7. Creando a experiencia musical: canto en grupo. O canon. A improvisación rítmica.
8. O contacto e a música. A masaxe sonora
9. O momento da relaxación. As Nanas

 

 

 

Contacta con nos

O teu nome (obrigatorio)

O teu email (obrigatorio)

Asunto

A túa mensaxe