Consulta Frores de Bach

Con: Ninoska Machín ( Kurari ), Profesora de Ioga. Terapeuta Froral e Orientadora en Crecimento Persoal. Membro da Asociación Española de Terapia Froral.

Horario: Todos os venres 

Precio: 50 euros consulta

Onde: Centro Eomaia vigo

Pide cita: 986.113258/ 698.173.740

A terapia con frores de Bach debe o seu Nome ó médico galés Edward Bach, quén foi o seu descubridor.
Dende neno o Dr. Bach mostrou un gran amor pola naturaza, intuición e sensibilidade. Esa sensibilidade frente ó sufrimento de todo ser vivo, (humano, vexetal e animal) facía que tentara axudalos  e dende moi pequeno deciciu ser médico. O contacto con persoas enfermas,observar como reacionaban ante a enfermidade e como influían no curso da mesma, levouno á conclusión de que a personalidade do individuo tiña máis importancia que o corpo no tratamento da enfermidade. Afirmaba que era preciso curar ó paciente e non á enfermidade, e que habíase que guiar polos síntomas mentais do paciente para indicar a menciña e non pola súa doencia física.
O Dr. Bach basou toda a súa carreira en 2 ideas básicas: combater a enfermidade nas súas causas e non nos seus efectos e curar sen agredir. Un dos fracasos da menciña actual é xustamente que trata os síntomas pero non as causas, non vai á raíz da enfermidade. Tanto pra el como pra moitos outros investigadores, a enfermidade desenrolase no campo enerxético i é ahí ónde debe dirixirse a atención terapéutica, isto é, ir á causa e non ós efectos, que o desequilibro enerxético que observamos coma un estado mental negativo, é producto dun conflicto. Pra Bach este conflicto está situado entre a alma humana e a mente ou personalidade.
Todas estas observacións permitironlle elaborar un sistema médico pra curar a enfermidade na súa raíz, pra curar sen ferir, pra curar sinxelamente a través de frores silvestres, porque pra el a natureza era sinxela.
O Dr. Bach interrelacionou a frecuencia vibratoria de determinadas prantas e frores co carácter e personalidade dos seus pacientes, así os seus 38 remedios frorales ou a combinación entre eles, erixíronse no método vibracional por excelencia, capaz de axudarnos a lograr un auténtico equilibro e benestar psicosomático.

 

Leave a Reply

Contacta con nos

O teu nome (obrigatorio)

O teu email (obrigatorio)

Asunto

A túa mensaxe