Obradoiros Masaxe Abhyanga e Tántrica

No mes de Abril temos dous obradoiros novos de masaxe

Abhyanga: Masaxe tradicional que pode ser aplicada a duas ou catro mans. Trátase dunha nutrición con aceites vexetais que armoniza corpo, mente i espírito. Entre os seus principais beneficios destacan o aumento da forza dos tecidos, a melloría na circulación do sange, a disminución da celulite, a remoción das toxinas, o embelecemento da pele, o retardo do envellecemento, a redución da tensión e indución ao sono reparador, e o aumento da vitalidade.

Cando: sábado 13 abril, 10-14h e 16-20h. e domingo 14 abril, 10 -14h.

Prezo: 90 euros. Socios 75 euros.

Traer toallas grande e pequena. Propoñemos unha aproximación ao Ayurveda, mediante unha das suas técnicas de masaxe máis pracerosas tanto de dar como de receber.

Masaxe tántrica: A masaxe tántrica é esencialmente preventiva e actúa para restabelecer o equilibrio físico-espiritual do individuo. Harmoniza os corpos enerxéticos e estimulas as defesas naturais do organismo, actuando no sistema glandular e endocrino, ademáis de tratar fraquezas do corazón, fatiga, desequilibrios nervosos e perturbacións mentais e emocionais. Esta técnica forma parte da medicina tradicional da India, o Ayurveda, e inicialmente xurdiu como unha iniciación onde o discípulo era tocado polo mestre, co fin de elevar a enerxía sexual (segundo chakra) para o chakra do corazón. Co tempo ampliouse o seu uso cara aplicacións terapéuticas, para liberación de bloqueos e até mesmo traumas nos asuntos relacionados coa sobrevivencia, o pracer e a sexualidade.

Além de aprender os pases desta pracerosa e envolvente masaxe, neste obradoiro conetaremos co xiro tántrico, un movemento que nos axuda a traer a enerxía para o centro do corazón, e crear así o espazo de aceitación e amor incondicional necesario para que poda acontecer toda a maxia que este traballo conleva. A maxia de conetar cos nosos segredos mais fundos, de manifestar enerxía Kundalini e conseguir unha expansión da consciencia que nos fai perceber que SOMOS UN.

Cando: sábado 20 de abril, de 11 a 20 horas.

Prezo: 80 euros por parella (porque recomendamos vir con parella: compañeir@, amig@, pai, nai, fill@…) e 70 para socios… se alguén insiste en vir só sería 50 euros (40 socios) e trocaría comigo… se non hai outro «sozinho»…

Os participantes han de traer unha toalla grande e outra pequena.  Comida leve para compartir. Além do aceite habería que facer unha pequena compra… pra «inicación tántrica»… que poderiamos compartir…

 

A facilitadora será Susana Abreu: Formada e certificada como masoterapeuta ayurvédica. Comezou o seu mergullo no Ayurveda co mestre de Dharamsala, Profesor Iogui Shivam, co que aprendeu a antiga técnica de Abhyanga (oleación). Continuou os seus estudios na materia no Ashram Prana Dama ( Salvador de Bahía) onde completou o curso profisional de » Massagens Indianas» dun ano de duración. Nele aprendeu diversas técnicas acomo a Masaxe Ióguica ( Kussum Modak), o Shantala ( para bebés)…

E tambén master Magnified Healing, terapeuta Reiki II e de Osteopatía Biodinámica.

 

 

 

Outras Técnicas de masaxe ayurvédica.

Marma abhyanga: masaxe con aceite vexetal que traballa os pontos marma e os nadis (canais enerxéticos) con efeito desbloqueante e relaxante.

Kusum Modak (masaxe ioguica): Coñecida polo nome da sua creadora, esta masaxe contemporánea representa a perfeita simbiosis de duas técnicas tradicionais de consciencia corporal da India: a ioga e a masaje. Na sua aplicación misturánse os aceites vegetáis cos pós ervais,  para nutrir á vez que limpar, ademáis de asegurar a firmeza das mans do masoterapeuta á hora de efetuar os alongamentos de todo o corpo. Na actualidade, Kusum Modak é unha vigorosa anciá que continúa aperfeicioando e ampliando a técnica cada ano… para que non quede nengún espacio no corpo por abrir… tanto que é imposivel efetuar todas as manobras desenvolvidas por ela nunha única sesión.

Udvartana: masaxe con pó de herbas indicada para a reducción de peso. Os movementos parten da extremidade en dirección ao corazón, estimulando a drenaxe do sistema linfático.

Abhyanga tradicional: masaxe de nutrición con aceite que harmoniza corpo-mente-espíritu. Un dos tratamentos mais rexuvenencedores do Ayurveda.

Pindas: masaxe con saquiños de liño ou algodón de diferentes efeitos (circulatorio, tonificante, exfoliante, relaxante, nutritivo, antioxidante, rexuvenecedor…) segundo o contido: herbas, frores, especias, sementes, arxila, froitas, iogurte, mel, arroz con leite…

Champi: masaxe da parte superior das costas, ombreiros, pescozo, cabeza e faciana. Ao traballar sobre os órganos sensoriais ten un efeito beneficioso sobre todo o corpo, aínda que está especialmente indicado para acalmar o sistema nervoso.

Shantala: masaxe tradicional de bebés. Suaviza os traumas do nacemento e da vida intrauterina, relaxa e nutre, mellora a autoestima e a elasticidade corporal. Pode prolongarse ata os sete anos.

 

4 Responses to “Obradoiros Masaxe Abhyanga e Tántrica”

Leave a Reply

Contacta con nos

O teu nome (obrigatorio)

O teu email (obrigatorio)

Asunto

A túa mensaxe