A celebración do nacemento
Ahí estamos, retomando intres que as nosas avoas e as avoas das nosas avoas creaban e realizaban xuntas.
Intres importantes que non queremos pasar por alto, poque nos axudan a pechar os nosos procesos da vida, cada ciclo, que á vez nos da soporte pra entrar no novo ciclo de cheo.
Pechamos os ollos por un instante e imaxinamos un montón de mans femeninas, nutridoras, espidas que se abren ás nosas e nos dan toda a súa enerxía nun xesto de recoñecemento do momento, de nos e dos nosos fillos. Dos nosos corpos e da terra, do ceo…
E durante un rato, un encontro entre mulleres pra celebrar a maternidade pero sobre todo pra que cada unha recoñeza o momento e se ancle ca nai terra, o amor e a ledicia do seu novo ciclo.
Neste encontro unirémonos ó coidado do corpo con baños e masaxes de herbas pra volver á terra, pra recuperar forzas, con cantos, pechamos o corpo cos rebozos como na tradición, pra que volte ó seu sitio. Tomaremos infusións, alimentos xuntas dando a benvida a unha nova nai ó mundo.
Seremos tres Doulas, dúas pra o coidado da nai e unha pra o coidado do bebé.
Levaranos arredor de dúas horas.
Decicindo o lugar segundo mellor nos conveña.
Prezo: 100 euros

