Acompañamento o embarazo, parto e postparto.

Moitas parellas desexan traer o seu fillo ao mundo preparándose para iso dunha forma integral, responsable, sendo protagonistas do momento, e tendo claros os seus dereitos e todas as opcións existentes para conseguir o mellor parto posible para eles e os seus fillos, xa sexa en casa ou nun hospital.

Toda muller ten o dereito de informarse das diferentes posibilidades que ten de traer aos seus fillos ao mundo, do que supón cada unha delas, tendo en conta as súas propias necesidades e as do bebé; escollendo a que crea máis adecuada ás súas expectativas e desexos.

Este proxecto nace coa intención de acompañar, axudar e coidar á muller e a súa parella no embarazo, parto e puerperio, así como ao recentemente nacido no momento do seu nacemento e posterior crianza.

Consideramos o parto como unha función fisiolóxica, natural e inherente á muller. Unha vivencia transcendente, íntima e familiar, que a fortalece.

Consideramos o nacemento como unha experiencia vital que constitúe a base da futura personalidade do bebé.


 

A Doula poñerá disposiciòn da parella información que poida axudarlles a tomar decisións responsables sobre a súa saúde, embarazo, parto e crianza; axudarlles a explorar os seus medos, limitacións e bloqueos e afrontalos dun xeito creativo.

As sesións adoitan constar dunha parte teórica co fin de que a muller poida recoñecer o seu corpo e as funcións que este levará a cabo de xeito perfecto durante o parto e dunha parte vivencial para que a muller se conecte co seu corpo e o seu bebé dende o pracer e a alegría. O ou a acompañante afectiva beneficiarase de compartir este tempo de coidado e atención. A experiencia aumentará a apertura e a conciencia sobre as propias sensacións corporais, os ritmos vitais e do ámbito descubrindo os seus propios recursos á hora de afrontar todo o que este proceso significa. Nutrirase de distintas técnicas: Arteterapia, canto prenatal, contacto consciente, masaxes, respiración, visualizaciones…etc.

Xunto con outras mulleres e acompañantes afectivos poderá:
Compartir as súas experiencias e expectativas.
Pensar e sentir a súa maternidade desde o seu centro favorecendo o seu desenvolvemento e crecemento persoal.
Elaborar e percorrer o seu propio camiño cara a unha boa experiencia de xestación e un parto propio e único.

 

Están invitadas as parellas que desexan unha preparación ao parto respectado (xa sexa este en casa ou no hospital), e acompañamento para unha maternidade/paternidade consciente.

Mulleres que decidan ter os seus fillos soas

 

 

Contacta con nos

O teu nome (obrigatorio)

O teu email (obrigatorio)

Asunto

A túa mensaxe