Educación e crianza

EDUCACIÓN E CRIANZA

Colaboración
con grupos de apoio á lactanción materna: «De Leite» ( pincha aquí para mais información)  y «A Peito»
O noso compromiso coa educación é:
A colaboración con  proxectos e movementos de aprendizaxe en liberdade baseados na autoregulación, a autoaprendizaxe, e a democracia participativa.
O  apoio á creación de espazos educativos nos que as nenas e nenos de 3 a 16 anos sexan os protagonistas do seu propio desenrolo e aprendizaxe, onde poidan elixir o seu camiño satisfacendo os seus intereses e necesidades.
As últimas investigacións en neurofisioloxía e psicoloxía confirman que aprender é consecuencia de crear conexións neuronais, e que éstas se producen como resultado da vivencia de experiencias diretas e integrais co entorno. Na nosa proposta partimos da confianza en que o ser humano ten a capacidade de aprender por sí mesmo mediante a experiencia co entorno; e o motor deste proceso é o interés e a curiosidade que xurden do seu interior. Apoiamos a creación de ambentes nos que nenos e nenas de todas as idades poidan satisfacer as súas necesidades vitais, establecendo relacións baseadas no respecto e na confianza mutuas, e baseados nos seguintes principios:
  • respecto a si mesmo, aos demais e ao resto dos seres vivos
  •  igualdade de xéneros
  • autoxestión e responsabilidade  no cumprimento dos compromisos libremente aceptados e elixidos, coparticipación na xestión do espazo según edade e capacidade
  •   solidariedade, apoio mutuo, aceptación e tolerancia,
  •   autonomía
  • diálogo como forma de resolución de conflitos, e rexeitamento da violencia e da competitividade verbal, física e psicolóxica como forma de relación
  •  xustiza: tratar desigual o que é desigual e igual o que é igual,
  • felicidade, búsqueda do equilibrio psíquico, incrementar a autoestima, a autoregulación das emocións…

   Estamos traballando para que isto sexa posible.

CURSOS E OBRADOIROS EN FUNDACIÓN EOMAIA

Obradoiro de matemática activa impartido por Rosa e Renato 26 de Novembro

COMUNICADOS

Carta pubricada no Faro de Vigo o día 26 de Novembro 2011: «Educar en familia, unha opcion educativa.»

VIDEOS

Videos del encuentro con Satish Kumar, Fritjof Capra y Gunter Pauli: Educación para la vida ( para ver pincha aquí)

Contacta con nos

O teu nome (obrigatorio)

O teu email (obrigatorio)

Asunto

A túa mensaxe