Grupos de crianza
Faremos grupos formados por país, nais, familiares e toda persoa interesada nas relacións con crianzas de 0 a 12 anos.
A proposta é a que segue, sólo lembrádevos de facer a inscripción na Fundación Eomaia da maneira que máis vos conveña (correo electrónico, teléfono ou presencial). As persoas serán admitidas por orden de inscrición ata completar aforo.
Se precisades compaña para as vosas crianzas durante os obradoiros, informádenos.
GRUPOS DE CRIANZA (encontros quincenais)
Un espazo-tempo para reflexionar sobre cómo acompañamos as crianzas, como recoñecemos as súas necesidades, e cómo as satisfacemos.
Un espazo-tempo para compartir o que sabemos, pensamos, sentimos, sobre as etapas de desenvolvemento do ser humano, a través de dinámicas lúdicas e vivenciais que nos conecten coa nosa sabiduría interior.
Un espazo-tempo para traballar a escoita activa e a observación, desde o amor a confianza e o respecto polos procesos de vida.
A cargo de:
Rosa: membro de Eomaia e de Pumariños-espazo de aprendizaxe en liberdade
Sandra: Colaboradora da Fundación Eomaia. Traballadora en espazos de crianza.
Dirixido a:
Pais, nais, e persoas interesadas nas relacións con crianzas de 0 a 12 anos
Falaremos de
Crianza baseada no respecto e na confianza
creación de relacións propicias para a crianza
un novo xeito de relacionarse cos nenos, a non diretividade
a autoregulación
Verbalizacións na nosa relación cos nenos e nenas
falar sobre a morte e a enfermidade
respostar ás preguntas dos nenos
explicar/advertir/moralizar
pedir, esixir, mandar, ameazar, permitir, dar ánimo
voz, pronunciación, fases estruturadas
xestos que acompañan o falar
facer e falar nos adultos, é necesario mentir?
contos, cancións, rimas, adivinanzas
Saber informar sobre os límites. Disciplina amorosa
límites e normas
límites e respecto
límites e amor
límites e interferencia
Liberdade. Responsabilidade
A educación a través das consecuencias e non do premio e castigo
Intervención das persoas adultas
Conflitos entre nenos/as
A importancia do xogo libre
o rol dos xogos
xoguetes apropiados para o estado de madurez en cada etapa
a creación de ambentes enriquecedores propicios para a actividade
voluntaria e espontánea
Etapas evolutivas dos nenos e nenas
necesidades de 0 a 3 anos
necesidades de 3 a 6 anos
necesidades de 6 a 12 anos
Modos de aprendizaxe
aprendizaxe simbólico
apredizaxe operativo
aprendizaxe figurativo
A importancia dos contos
o rol dos contos
cómo contalos
contos leidos e contos falados
Como o obxectivo é crear un espazo común de crecemento pensamos que é preciso que o grupo sexa estable. Así que pedimos un compromiso de participación continuada en tódolas xuntanzas.
Horario: Un lúns pola tarde, cada 15 días en Eomaia a partir do 12 de Marzo con dúas horas de duración ( de 18.00 a 20.00 horas)
O prezo será 20 euros/ sesión cada familia.


[...] Grupos de crianza outubro 2012 [...]