Fisioterapia, acupuntura e osteopatía

Fisioterapia, acupuntura e osteopatía biodinámica na maternidade

* Axudan a restablecer a saúde do organismo de xeito respectuoso.
* Alivian molestias, tensións e outras situacións derivadas do propio estado do embarazo e posparto.
* Respectan a natureza do propio corpo: emprego de técnicas manuais: masaxe, agullas, moxa…
* Carecen de efectos prexudiciais para o organismo.

Fisioterapia:

A masaxe como técnica empregada pola fisioterapia é dabondo coñecida polos seus amplos resultados.
A muller embarazada tamén pode beneficiarse da masaxe durante a xestación do seu bebé, tendo o terapeuta sempre en conta a súa especial situación.


Acupuntura:

Durante o embarazo, a acupuntura axudaranos a regular o organismo a través das canles enerxéticas ou meridianos.
Unha das técnicas de acupuntura moi beneficiosa é a moxa, empregada entre outras situacións para axudar a virar ao bebé cando a súa colocación non é cefálica.


Osteopatía biodinámica:

É unha técnica manual moi sutil que axuda ao corpo a restablecer os seus procesos naturais de equilibrio e curación.
A osteopatía biodinámica actúa como un proceso de auto-regulación do paciente, o terapeuta vai estimular este proceso conectando co seu sistema, proporcionando os recursos necesarios para que o corpo supere todas as barreiras e obstáculos conseguindo o equilibrio e, así, a súa “curación”. É un traballo moi profundo onde moi a miúdo imos traballar coas emocións, ata traumas físicos e emocionais do pasado reflectidos nos nosos tecidos.
Terapeuta: Patricia Alvarez Loureiro

Centros Eomaia

Vigo: Calle padre don Rúa,9  1º

tlf-986 113258

Horarios Vigo:  Martes de 11.00 hr a 16.00 hr

Xoves de 11.00 hr a 20.00 hr

Cita previa.660519655

 

Ponteareas: Calle alfonso Vázquez Fraile,7

tlf- 660519655

Horarios:  Luns y Mercores de 10.30 hr a 16.30hr

Contacta con nos

O teu nome (obrigatorio)

O teu email (obrigatorio)

Asunto

A túa mensaxe