Escola de música
Hai que esperta-lo interese auditivo dos nenos. O estímulo da
curiosidade e a atención cara a todo fenomeno sonoro é o camiño máis seguro para a sensibilización do oído, prepárándoo para a comprensión e execución musical.
Todo coñecemento intelectual ven a través dos sentidos. Baseándose na experiencia, sabemos que sería un grave erro psicológico situar ó neno “nesa pequena cidade” chamada pentagrama, sen antes ter vivido unha preparación musical porque non se pode nin se debe ensinar teoría musical, desvinculada dunha realidade sonora, a teoría é unha consecuencia natural da experiencia práctica e sensorial.
O noso programa comenza coa INICIACION MUSICAL que abarca tres cursos:
-INICIACION MUSICAL I: de 3 a 4 anos
-INICIACION MUSICAL II: de 4 a 5 anos
-INICIACION MUSICAL III:de 5 a 6 anos
Neste ambiente musical impregnarao todo o xogo imaginativo e
creador, mediante o que o “peque” proxectará as súas propias
experiencias. A esta idade todo é movemento e a satisfacción de
compartir e cooperar que xera apropia actividade será vital para o seu desenvolvemento.
O PRESOLFEXO e o seguinte paso.
Entre os 6-7 anos orapaz inicia esta etapa. A partir de ahora la teoría propiamente dita empeza a camiñar paralelamente con relación á experiencia musical anteriormente adquirida.Este curso significa a ponte entre a iniciación musical e a lectura ou solfexo.
O SOLFEXO.
Apoiados pola iniciación musical e o presolfexo o comenzo da lectura e escritura no pentagrama non suporá ó neno ningunha dificultade. Pola contra, aprender esta marabillosa otación que tantos séculos tardouse en facer deberá ser motivo de alegría e interese nos nosos pequenos alumnos. A partir deste momento a elección e o comenzo de un instrumento caminará paralela a la teoría musical.
METODOLOXÍA.
Baséase na participación activa do alumno mediante un material sonoro que poida manexar con autonomía.
Onde atoparnos?
Estaremos en Santiago de Compostela. Se queres máis información, o noso contacto é: 981883505 marisa.brupa@gmail.com

