Voce consciente-canto
CURSO de CANTO PRENATAL :
Interesadas: mamás en período de xestación
Inclúe:
Usos da voz no embarazo: conexión con bebé, recoñecemento do noso «corpo-vibrante»
Vocalizacións para ceibar tensións e abrir a emoción «quen canta os seus males espanta»
Corrección postural a través da respiración e o canto
A voz como ferramenta para xestionar a dor no parto
Repertorio de cantos para conectar corpo mamá-bebé
Xoves alternos: de 11.00h a 12.00h en Eomaia (Pai don Rúa,nº9,1º- Vigo)
Comezo o xoves 11 de outubro
Prezo mensual: 33€ -Socios 28€
Sesion solta: 20€
CURSO de CANTO POSTNATAL: «Recupera o chan pélvico gozando»
Interesadas: mamás cos seus bebés entre 0-9 meses.
Inclúe:
Vocalizacións para abrir a caixa torácica- Respirar plenamente expandindo pulmóns
Técnicas e exercicios para recuperar chan pélvico a través do canto
Repertorio de cantigas de berce e para conectar co bebé
Xoves alternos de 12.00 a 13.00h en Eomaia (Pai don Rúa,nº9,1º- Vigo)
Prezo mensual: 33€ – Socios: 28€
Sesion solta: 20€
Novo GRUPO de CANTO:
Para gozar xuntas cantando.
Inclúe:
Técnicas para apertura da voz. Coñecemento do noso aparello fonador
Exercicios de improvisación vocal. Soltar a voz
Repertorio de cantos do mundo
Prezo mensual: 33€
Socios 28€
Proba primeira clase por 8€
Que é o Canto prenatal?
É un modo natural de conectar, a través da túa propia voz, co teu corpo cambiante, as túas emocións e as do teu bebé in útero e coa túa propia etapa prenatal.
O uso da voz consciente axúdache a establecer un diálogo sonoro, que achega claridade e equilibrio en toda situación vital, favorecendo a relación armoniosa cos demais e co teu propio corpo.

A quen se dirixe o Canto prenatal?
A mulleres embarazadas en calquera fase de xestación e as súas parellas ou un familiar, amig@ que decida acompañala nesta etapa da súa vida. Tamén a mamás e bebés de cero a tres meses.
É preciso saber cantar? Non.
Aínda que non o lembremos conscientemente, todos xogamos con sons e melodías ao prepararnos a falar. Esta é unha capacidade innata que temos aínda (anque ás veces esquecida), e a preparación á maternidade e paternidade é o momento perfecto para reactivala. Ademais é interesante saber que para a evolución do bebé intrauterino, os dous elementos sonoros máis importantes son a voz da nai e a voz do pai (e non a de Pavarotti).
No Canto prenatal exploramos xuntos…
A consciencia corporal a través do son
* O corpo como caixa de resoancia.
* A respiración natural: cantar é respirar.
* O abalo e a basculación pélvica como acompañamento do canto.
* Os cambios físicos e psíquicos que se producen durante a xestación.
* A activación da musculatura abdominal e perineal a través do uso consciente da voz.
O acompañamento amoroso do bebé que vai nacer
* O escoitar: unha cuestión de respecto.
* O espazo sonoro do bebé.
* A comunicación co bebé a través da voz falada e cantada.
* As emocións da nai, do pai, da contorna familiar e do bebé.
Preparación ao parto, postparto e crianza.
* O uso do son durante o parto, a transformación da dor en canto.
* Posicións e vocalizacións que axudan no proceso de dilatación.
* Exercicios que favorecen a recuperación postparto.
* Nanas e cancións que acompañan as primeiras etapas da vida do bebé.
Contacto:
maría: 645496375 alyama_22@yahoo.es

