Curso Masaxe Infantil en Ponteareas

O noso novo centro situado na Rúa  Amado Garra, 7

Data: 23 e 30 xullo

6, 13, 20, 20 Agosto

Horarios:de 12h. a 14h.

Onde: O noso centro na Rúa Amado Garra, 7 ( frente ó colexio da Inmaculada)

 

Edudacora: Patricia Alvarez Loureiro

 

Prezo: o curso completo 80€ por familia, todo incluido.

As verbas Masaxe Infantil comprenden unha riola de técnicas de tacto, voce e ollada que se viñeron entretecendo, ata chegar a unha estructura axeitada abondo que demostra uns beneficios para nais-pais e/ou coidadores e os seus nenos.

Son cursos nos que, coa práctica da masaxe, chégase á parte máis fonda do íntegramente humano: o contacto. Fornece un esteo emocional do que se pode gozar toda a vida e os seus efectos nótanse de contado.

O seu custo e infraestructura son mínimos e o seu valor universal.

OBXECTIVOS:

Xerais.

O propósito do curso de masaxe infantil é promover a nutrición a través do tacto e da comunicación, fornecendo as ligames afectivas entre os bebés e as súas nais, pais e/ou coidadores-as, avivando a atención ás necesidades dos nenos, favorecendo unha mellor calidade de vida dos novos bebés e das súas nais, pais e/ou coidadores dentro da sociedade na que vivimos.

Específicos.

  • Axuda a regular e reforzar as funcións respiratoria, circulatoria e gastrointestinal, solucionando, por medio da estimulación, as incomodidades producidas por cólicos, gases e estreñimento.

  • Axúdalle ao neno a relaxarse e alíviao do estrés que lle produce atoparse a cotío con cousas novas.

  • Fai máis intensa a comunicación afectiva entre o bebé e as persoas do seu eido.

  • Fai máis doada a comunicación non verbal.

  • -Estimula o sistema inmunolóxico, favorece un mellor desenvolvemento do sistema nervioso.

ESTRUCTURA E CONTIDOS DO PROGRAMA:

 

Os nosos cursos son de dez horas repartidas en cinco sesións.

Nun moneco, a educadora de masaxe infantil mostraralle ás nais/pais os movementos da masaxe que eles lle proporcionarán aos seus bebés, comezarán unha experiencia na que se tratarán:

  • Teoría e práctica da masaxe.

  • Relaxación polo tacto.

  • Técnicas específicas para aliviar cólicos, gases, conxestións, estrinximento, etc.

  • O neno e o choro.

  • Adaptación da masaxe a diferentes idades.

Ademais dos posibles temas que poidan xurdir ao longo da experiencia.

¿A quen vai dirixido?

. á poboación en xeral

os cursos de masaxe infantil están adicados sobre todo o bebé e as persoas do seu eido, nais, pais e coidadores-as. Trátase de recuperar e gozar dos vencellos que nos unen, vivindo con ilusión e maior intensidade o período da primeira infancia.

A monitora proporcionará:

        • Carpetas con contido teórico do curso.

        • Aceites.

        • Música.

        • Información en vídeo.

As asistentes:

        • O aceite, se ten algunha preferencia.

        • Toalla.

+ info:

660.519.655 ( Patricia) o contacto web


www.masajeinfantil.eswww.fundacioneomaia.orgfundacioneomaia@gmail.com

 

 

Leave a Reply

Contacta con nos

O teu nome (obrigatorio)

O teu email (obrigatorio)

Asunto

A túa mensaxe